Expertos botánicos

20160526_155814.jpg

Comezou a primavera e os nenos e nenas de 2′ temos moita curiosidades polo mundo vexetal.

Traballamos arreo o tema das plantas e na horta coidamos con agarimo as nosas hortalizas.

Realizamos un traballo en clase sobre as follas das árbores:

Plantamos herbas aromáticas:

Puxemos os paus (canas da habana) aos tomates:

Collemos a primeiras patacas do ano:

20160526_155604

Regamos:

E todo isto facémolo mentres disfrutamos e aprendemos!

As Letras Galegas e a Romaxe

IMG_3415

O pasado venres día 13 de maio tivemos unha gran celebración: a Romaxe. É a nosa maneira de festexar o día das Letras Galegas, que este ano está dedicada ao gran escritor Manuel María. Estivemos todo o mes traballando as súas poesías nas clases de lingua galega e realizamos unha chea de actividades sobre el.

Na Romaxe os nenos e nenas de 1′ recitamos un poema do autor homenaxeado e bailamos a muiñeira de Lugo.

IMG_3397

Os nenos e nenas de 2′  bailamos «O galopín», unha muiñeira moi divertida.

As nosas familias acompañáronnos e pensamos que tamén disfrutaron da nosa festa.

IMG_3345.JPG

Salón do Libro de Pontevedra

IMG-20160422-WA0003.jpg

O 23 de abril é o día do libro. Os nenos de 1′ e 2′ celebrámolo da mellor maneira posible, fomos ao Salón do Libro.

Viaxamos unha hora en autobús ata a cidade de Pontevedra. Alí estabanos esperando a mascota do Salón do Libro, un lobo moi agarimoso chamado Orbil (libro ao revés).

Vimos traballos artísticos, xogamos, descubrimos, tocamos, saltamos, arrastrámonos… Foi unha visita xenial.

Despois, como non podía ser doutra maneira, fomos ao parque para comer o noso aperitivo e xogar antes de regresar ao cole.

Chegaron as cartas de Baltimore!

20160420_154406.jpg

Que alegría! Chegaron as cartas dos nosos amigos de Baltimore. Lembrades que lles escribimos e lles mandamos cunchas? Pois xa nos responderon.

Contan cousas moi interesantes, como que a comida por excelencia na súa cidade é o cangrexo… Si, si… Énchense a pateiros!

Case todos fan deporte: béisbol, fútbol americano, lacrosse… E o máis guai é que nos mandaron moedas e billetes: dólares americanos!

Agora tócanos a nós volver a escribir, temos moitas cousas que contarlles. Estámolo desexando!

A nosa maqueta

Aínda non está rematada, pero aquí está o noso novo proxecto de Ciencias Sociais:

20160412_124604

Xa que estamos estudando as cidades, as vilas, as aldeas… Decidimos facer unha maqueta.

Para iso necesitamos material de refugallo: cartóns de leite, tetabricks de zume, botes de iogur… E asi traballamos o reciclaxe mentres aprendemos e creamos.

20160331_115737

Usamos tamén a plastilina para o mobiliario e os personaxes da rúa. Está quedando moi fermosa e divertida. Estamos moi orgullosos dela. A vós gústavos?

Experimentos de Ciencias

 

20160317_170408

Temos moita curiosidade sempre. A clase de Ciencias Naturais serve para resolver moitas desas preguntas que nos facemos.

Esta vez foron experimentos sobre a auga: Que materiais se disolven na auga? Cales flotan e cales non?

Descubrímolo por nós mesmos no laboratorio do cole e pasamos unha tarde diferente, gústanos moito ser científicos e científicas!

Imos de concerto… Oh yeah!

E a festa continúa… Despois do contacontos do luns, o martes fomos de concerto didáctico ao auditorio de Ribeira. Baixamos e subimos camiñando, sen queixarnos nin un chisco. Somos uns deportistas de primeira!

O concerto foi incrible: explicáronnos toda a historia da música e unha chea de instrumentos. A Prehistoria, a Idade Media, o Barroco, o Romanticismo, o Clasicismo, a nosa música tradicional e ata as músicas modernas, coma o pop e o rock. Gustounos moitísimo!

IMG_2785

Despois disfrutamos no parque xogando e comendo un aperitivo.

IMG_2771