As Letras Galegas e a Romaxe
O pasado venres día 13 de maio tivemos unha gran celebración: a Romaxe. É a nosa maneira de festexar o día das Letras Galegas, que este ano está dedicada ao gran escritor Manuel María. Estivemos todo o mes traballando as súas poesías nas clases de lingua galega e realizamos unha chea de actividades sobre el.
Na Romaxe os nenos e nenas de 1′ recitamos un poema do autor homenaxeado e bailamos a muiñeira de Lugo.
Os nenos e nenas de 2′ bailamos «O galopín», unha muiñeira moi divertida.
As nosas familias acompañáronnos e pensamos que tamén disfrutaron da nosa festa.
Salón do Libro de Pontevedra
O 23 de abril é o día do libro. Os nenos de 1′ e 2′ celebrámolo da mellor maneira posible, fomos ao Salón do Libro.
Viaxamos unha hora en autobús ata a cidade de Pontevedra. Alí estabanos esperando a mascota do Salón do Libro, un lobo moi agarimoso chamado Orbil (libro ao revés).
Vimos traballos artísticos, xogamos, descubrimos, tocamos, saltamos, arrastrámonos… Foi unha visita xenial.
Despois, como non podía ser doutra maneira, fomos ao parque para comer o noso aperitivo e xogar antes de regresar ao cole.
Chegaron as cartas de Baltimore!
Que alegría! Chegaron as cartas dos nosos amigos de Baltimore. Lembrades que lles escribimos e lles mandamos cunchas? Pois xa nos responderon.
Contan cousas moi interesantes, como que a comida por excelencia na súa cidade é o cangrexo… Si, si… Énchense a pateiros!
Case todos fan deporte: béisbol, fútbol americano, lacrosse… E o máis guai é que nos mandaron moedas e billetes: dólares americanos!
Agora tócanos a nós volver a escribir, temos moitas cousas que contarlles. Estámolo desexando!
¿Quién sabe liberar a un dragón?
2 de abril: Día do Autismo.
Durante a semana pasada estivemos realizando actividades sobre o Autismo: vimos videos, realizamos debuxos, escoitamos historias, fixemos carteis,…
Celebramos o Día Mundial do Autismo de maneira que non nos vai esquecer nunca.
No blog do Proxecto Lector podemos ver máis cousas sobre esta actividade.
A nosa maqueta
Aínda non está rematada, pero aquí está o noso novo proxecto de Ciencias Sociais:
Xa que estamos estudando as cidades, as vilas, as aldeas… Decidimos facer unha maqueta.
Para iso necesitamos material de refugallo: cartóns de leite, tetabricks de zume, botes de iogur… E asi traballamos o reciclaxe mentres aprendemos e creamos.
Usamos tamén a plastilina para o mobiliario e os personaxes da rúa. Está quedando moi fermosa e divertida. Estamos moi orgullosos dela. A vós gústavos?
Experimentos de Ciencias